O prezo da vivenda apenas creceu este verán na cidade de Vigo | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda apenas creceu este verán na cidade de Vigo

O prezo da vivenda apenas creceu este verán na cidade de Vigo

O mercado inmobiliario en Vigo e provincia seguen á alza. Así o reflexa o informe mensual de prezos de venda elaborado polo portal pisos.com. Neste estudo recóllese que a provincia rexistra o maior incremento nos prezos de toda Galicia, cun alza de case o 1% con respecto ao mes de agosto do pasado ano. Con 1.470 euros por metro cadrado en agosto de 2020, Vigo e provincia manténse cos prezos máis elevados na comunidade.

A vivenda de segunda man en Galicia durante o pasado mes tivo un prezo medio de 1.362 euros por metro cadrado, o que supóne un ascenso do 0,81% fronte a xullo, pero tradúcese nunha caída do 0,34% no cómputo interanual. Trátase do segundo descenso menos pronunciado no ámbito nacional, onde se mantivo un prezo medio de 1.712 euros por metro cadrado, cun ascenso mensual do 0,44%. 

Esta fluctuación nos prezos da vivenda en venda, tamén se manifestou nos últimos anos no réxime de alugueiro, rondando incrementos da orde dun 30-40% con respecto aos prezos do mercado fai tan só cinco anos.

Fonte | Atlántico