O prezo da vivenda baixa un 1 % en abril segundo o portal inmobiliario pisos.com | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda baixa un 1 % en abril segundo o portal inmobiliario pisos.com

O prezo da vivenda baixa un 1 % en abril segundo o portal inmobiliario pisos.com

Segundo o portal inmobiliario pisos.com, os datos do mes de abril, o primeiro mes completo baixo o estado de alarma, mostran unha baixada dos prezos da vivenda de segunda man. Concretamente, un 1 % menos respecto ao mesmo período do ano anterior. 

De acordo as estatísticas de pisos.com, os prezos baixaron en 26 capitais de provincia e subiron en 24. Os maiores incrementos rexistráronse en Ávila e Vitoria, onde a vivenda foi no mes de abril casi un 8 % máis caras que un ano antes. Pola contra, Zamora foi a capital de provincia na que máis baixou o prezo da vivenda no último ano, un 8,3 %, seguida de Logroño e A Coruña. 

Dende pisos.com señalan que aínda é cedo para facer unha previsión sobre o impacto da crise sanitaria no mercado da vivenda pero todo indica a que se producirán caídas nos prezos das vivendas e reduccións no número de transaccións. 

 

Fonte | La Voz de Galicia