O prezo da vivenda baixará en España ata o 2022 para absorber o efecto da covid, segundo expertos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda baixará en España ata o 2022 para absorber o efecto da covid, segundo expertos

O prezo da vivenda baixará en España ata o 2022 para absorber o efecto da covid, segundo expertos

Segundo expertos do sector, a pandemia acelerou o axuste dos prezos da vivenda, pero non supuxo unha gran ruptura no 2020, xa que, de media, pisos e casas de segunda man revalorizáronse un 0,47 % o ano pasado, ata unha media de 1.719 euros por metro cadrado.

Se ben o repunte foi moi reducido, houbo grandes diferenzas por zonas geográficas. Así, en canto ás capitais de provincia, houbo caídas relevantes, como as de Córdoba (5,6 %), Soria (3,7 %) e Ourense (3,1 %). Pero tamén se rexistraron subas significativas, como as de Pontevedra e Bilbao, onde os prezos avanzaron máis dun 6 %.

Ante este escenario, estímase que o axuste comece agora: os descensos serán absorbidos pola oferta de forma progresiva, ao largo do ano que acabamos de estrear e, en menor medida, no 2022.

Xunto a caídas de prezos, os expertos da Federación Internacional de Profesiones Inmobiliarias esperan que as hipotecas se endurezcan e os bancos esixan a contratación de máis productos e inclúan máis comisións.

Fonte | La Voz de Galicia