O prezo da vivenda cae por primeira vez nos últimos 10 anos na Unión Europea | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda cae por primeira vez nos últimos 10 anos na Unión Europea

O prezo da vivenda cae por primeira vez nos últimos 10 anos na Unión Europea

O prezo da vivenda na zona euro e no conxunto da Unión Europea rexistrou a súa primeira caída na última década o ano pasado, cando o custe na eurozona descendeu un 1,1%, e un 0,3% entre os 27 membros da UE. Esta situación parece deberse á debilidade inmobiliaria que afecta principalmente ás grandes economías do centro e norte, segundo o índice de prezos da vivenda de Eurostat. Segundo os datos da oficina estatística comunitaria, os prezos dos inmobles residenciais baixaron en nove dos vintesete países membros da UE, incluindo seis dos vinte da zona euro. 

As correccións máis intensas nos prezos da vivenda rexistráronse en Luxemburgo e Alemania, con caídas do 9,1% e do 8,4% respectivamente, o que corresponde ao primeiro descenso dende 2009 e 2007, tamén respectivamente. Outras caídas significativas do prezo das casas observáronse nos mercados inmobiliarios de Finlandia (-5,6%), Suecia (-5,3%), Dinamarca (-3,6%), Austria (-2,6%), Países Baixos (-1,9%) e Chequia (-1,7%). Os prezos tamén baixaron en Francia, un 0,4%, a primeira caída dende 2015, aínda que inferior á caída media da eurozona. 

En contraste, as maiores subidas dos prezos das casas o ano pasado corresponderon a Croacia (+11,9%), Bulgaria (+9,9%), Lituania (9,8%), Polonia (+8,8%), Portugal (+8,2%), Eslovenia (+7,1%), Estonia (+5,9%), Hungría (+5,6%) e Malta (+5,3%). España tamén rexistrou un aumento, do 4%, aínda que supón unha desaceleración respecto ao aumento do 7,4% en 2022. Sen embargo, prolonga por décimo ano consecutivo o actual ciclo de crecemento do coste da vivenda, despois de descender de forma ininterrompida entre 2008 e 2013. 

Fonte.- Idealista