O prezo da vivenda de construción nova subiría un 3% en 2024, segundo CBRE Group | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda de construción nova subiría un 3% en 2024, segundo CBRE Group

O prezo da vivenda de construción nova subiría un 3% en 2024, segundo CBRE Group

A consultora inmobiliaria CBRE Group presentou recentemente as súas previsións para 2024, e unha das conclusións principais é que se produciría un novo aumento do prezo da vivenda de construción nova, aproximadamente do 3%. CBRE estima que se solicitarían 112.000 de visados, e calculan que as transaccións, tanto de obra nova como de segunda man, descendan ata as 554.000, un 10% menos que en 2023.

A inversión inmobiliaria mostraría signos de reactivación ao longo de 2024, especialmente na segunda metade do ano, aínda que sempre condicionada polo contexto xeopolítico, a inflación e a evolución dos tipos de interese. O informe Real Estate Market Outlook 2024 de CBRE reflicte unha previsión de crecemento moderado do investimento para este ano de entre o 5% e o 10%, ata alcanzar previsiblemente os 12.500 millóns, aínda que lonxe do resultado máximo alcanzado no ano 2022, situaríase na media dos últimos exercicios.

En canto ás rendibilidades prime, tras rexistrar incrementos en 2023 en todos os produtos, as previsións son dunha estabilización en 2024, o que abrirá paso a oportunidades de investimento e operacións de maior envergadura. CBRE prevé moita actividade no mercado de débeda e os refinanciamentos.

Fonte.- Idealista