O prezo da vivenda de segunda man subiu máis en Pontevedra que no resto de capitais de provincia | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda de segunda man subiu máis en Pontevedra que no resto de capitais de provincia

O prezo da vivenda de segunda man subiu máis en Pontevedra que no resto de capitais de provincia

Segundo o portal inmobiliario Fotocasa, a través do seu informe sobre a evolución do mercado de segunda man en España, Pontevedra foi a capital de provincia onde máis creceron os prezos no ultimo ano, un 8,6%, chegando ata os 2.057 €/m2, a pesar de que A Coruña continua sendo a capital con maior prezo por metro cadrado con 2.631 €/m2. En canto a Ourense aumentaron un 2,9%, chegando ata os 1.594 €/m2, e en Lugo capital descenderon un 0,7%, chegando ata os 1.398 €/m2.

No análise provincial, o metro cadrado aumentou en tódalas provincias, en concreto en Pontevedra situouse en 2.061 €/m2, supoñendo un aumento do 4,9%, seguida de Lugo cun aumento do 2% e situándose nos 1.239 €/m2, A Coruña cun aumento do 1% chegando ata os 1.675 €/m2 e Ourense, onde aumentou un 0,6% e alcanzou os 1.459 €/m2.

A nivel nacional, o prezo da vivenda de segunda man incrementouse un 7,4% anual, chegando ata os 2.203 €/m2, o que supón a cuarta maior subida nos últimos 17 anos, e o cuarto ano consecutivo con aumentos nos prezos, dende o último descenso en 2019.

Fonte.- EuropaPress