O prezo da vivenda en Alemaña sofre a maior caída dende que se rexistran datos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Alemaña sofre a maior caída dende que se rexistran datos

O prezo da vivenda en Alemaña sofre a maior caída dende que se rexistran datos

Os prezos da vivenda en Alemaña sofren outra caída no terceiro trimestre de 2023, en concreto un 10,2% con respecto ao mesmo periodo do ano 2022. Esta é a maior caída dende que a Oficina Estatística alemá comezou a rexistrar datos de prezos da vivenda no ano 2000, o que supón que a crise inmobiliaria actual é unha das maiores no sector en décadas. 

Mentres os tipos de interese mantíñanse baixos e a demanda era forte, Europa contaba cun sector inmobiliario en crecemento, con Alemaña vivindo unha burbulla de prezos. Con todo, os elevados custos de financiamento e as subidas de tipos provocaron que esa burbulla explotase.

Todo parece levar a unha perda de emprego no sector da construción, como asegura a Federación Alemá da Industria da Construción, sobre todo tras unha baixada nos pedidos de permisos de obra do 6,3% en outubro fronte ao mes anterior.

En concreto, é especialmente destacado o descenso de prezos para as vivendas unifamiliares, cun 12,7% no terceiro trimestre, mentres que os apartamentos sufriron baixadas do 9,1%.

Fonte.- Idealista