O prezo da vivenda en alugueiro baixa un -0,7% en España no terceiro trimestre | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en alugueiro baixa un -0,7% en España no terceiro trimestre

O prezo da vivenda en alugueiro baixa un -0,7% en España no terceiro trimestre

En España o prezo da vivenda en alugueiro experimenta en setembro un descenso trimestral do -0,7% e un incremento interanual do 12%, situando o prezo de setembro en 10,74 euros por metro cadrado ao mes, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este último incremento interanual supón o sexto incremento en cadea rexistrado neste período despois do 1,6% de 2015, o 3,5% de 2016, o 14,8% de 2017, o 15% de 2018 e o 2,3% de 2019.

Estas cifras indican que os prezos durante a pandemia estabilizáronse e nalgúns casos estanse facendo rebaixas nos prezos. Non obstante, a variación interanual (12%) é bastante elevada e indica que o alugueiro aínda sube con forza en boa parte do país aínda que hai algunhas comunidades como Baleares, Canarias e Madrid nas que os descensos interanuais son xa unha realidade.

En setembro de 2020 o prezo precio trimestral descende en 12 das comunidades autónomas e é especialmente sinalado en Baleares (-4,2%), Madrid  (-3,8%), Castilla-La Mancha (-2,6%), Rexión de Murcia (-2,2%) e Andalucía (-2%).

Fonte | Fotocasa