O prezo da vivenda en alugueiro baixa un 1,4% en outubro | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en alugueiro baixa un 1,4% en outubro

O prezo da vivenda en alugueiro baixa un 1,4% en outubro

O mes de outubro pechouse cunha baixada do prezo do alugueiro en España do 1,4% ata alcanzar os 11,3 euros/m2 de media, o que ademais supón un descenso do 0,2% trimestral, segundo o último informe de prezos de alugueiro publicado por idealista. Porén, en termos interanuais, as rendas volven a subir un 5,2%.

Segundo idealista, os datos do informe poñen de manifesto como ao aumentar a oferta de producto dispoñible, os prezos baixan. Este fenómeno faise máis evidente canto máis dinámicos son os mercados. É o exemplo de cidades como Barcelona e Madrid, que duplicaron o número de anuncios en alugueirp e dende o mes de maio acumulan caídas do 10,7% e o 6,3%, respectivamente.

En canto ás Comunidades Autónomas, o prezo medio do alugueiro de vivendas caiu en 10 autonomías con respecto a mes de setembro. Cataluña (-2%), Baleares (-1,8%) e Murcia (-1,5%) lideran as baixadas. Síguenlles Cantabria (-1,4%), Galicia e Madrid (-1,3% en ambas rexións), xunto a Navarra (-0,5%), Aragón (-0,4%), Extremadura (-0,3%) e Andalucía (-0,2%), en menos medida.

A Comunidade de Madrid (14,7 euros/m2) é a rexión máis cara seguida de Cataluña (14,5 euros//m2). Síguenlles Euskadi (12,3 euros/m2) e Baleares (12 euros/m2).  No lado oposto da táboa atopamos a Extremadura (5,3 euros/m2) e Castilla-La Mancha (5,7 euros/m2) que son as comunidades máis económicas.

Fonte | Idealista