O prezo da vivenda en alugueiro en España rexistra en outubro unha baixada interanual do 6,1%, a maior caída nos últimos 10 anos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en alugueiro en España rexistra en outubro unha baixada interanual do 6,1%, a maior caída nos últimos 10 anos

O prezo da vivenda en alugueiro en España rexistra en outubro unha baixada interanual do 6,1%, a maior caída nos últimos 10 anos

O prezo da vivenda en alugueiro en España rexistrou no mes de outubro a maior caída interanual dos últimos 10 anos: o prezo descendeu un 6,1%, situandoo en 10,09 €/m2 no mes de outubro, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

Estes últimos datos consolidan a tendencia á baixa nos prezos do mercado das rendas, causada principalmente pola transformación do mercado tras a pandemia, na que a demanda por alugar descendeu en varios puntos porcentuais, debido ao teletraballo ou ao retorno dos estudantes universitarios ás súas provincias de orixe. Ao mesmo tempo a oferta de vivenda que quedara paralizada está a saír aos poucos ao mercado contribuíndo ao descenso dos prezos. 

Así, as comunidades que rexistran as maiores caídas son Murcia e Castela-A Mancha cun descenso dun -2% e un -1,9%, seguidas por Asturias con -1,6%, Madrid con -1,3%, Canarias con -1,2%, Cantabria con -1,2%, País Vasco con -1,0%, Estremadura con -0,9% e Cataluña con -0,6%.

Fonte | Fotocasa