O prezo da vivenda en alugueiro en Galicia dispárase un 29% nos últimos cinco anos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en alugueiro en Galicia dispárase un 29% nos últimos cinco anos

O prezo da vivenda en alugueiro en Galicia dispárase un 29% nos últimos cinco anos

O prezo do alugueiro de vivendas subiu un 29% en Galicia durante os últimos cinco anos, desde xuño de 2015 ata o mesmo mes deste ano, segundo o Índice Inmobiliario Fotocasa. O prezo medio do metro cadrado dos alugueiros na comunidade pasou dos 5,48 euros de xuño de 2015 aos 7,09 euros de xuño de 2020. Así, os galegos fai cinco anos debían pagar polo alugueiro dunha casa de 80 m2 unha media de 438 euros fronte aos 567 que deben abonar agora.

Pese a que o incremento galego é de case un tercio, non é o máis elevado de todos. Hai 13 comunidades que aumentaron máis o custo dos alugueiros no último quinquenio. As únicas que se quedaron por debaixo de Galicia foron Extremadura (+17%), Asturias (+21%), Castela e León (+26%) e Castilla-La Mancha (+26%).

Fai cinco anos, os 5,48 euros por metro cadrado que se abonaban en Galicia por un alugueiro era a undécima menor cifra a nivel nacional. Agora, os 7,09 son a decimocuarta. Só hai tres comunidades con prezos inferiores: Extremadura (5,27), Castilla-La Mancha (5,86) e La Rioja (6,80). Pola súa parte, os prezos na cidade de A Coruña creceron un 38%, desde os 6,13 euros por metro cadrado aos 8,46.

A nivel estatal, o custo dos alugueiros disparouse un 52% desde xuño de 2015, ao pasar de 7,13 euros por metro cadrado a 10,82.

Fonte | La Opinión A Coruña