O prezo da vivenda en alugueiro volve a caer e cede un 1,3% en novembro | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en alugueiro volve a caer e cede un 1,3% en novembro

O prezo da vivenda en alugueiro volve a caer e cede un 1,3% en novembro

O mes de novembro pechouse cunha baixada do prezo de alugueiro en España do 1,3% ata alcanzar os 11,2 euros/m2, o que ademáis supón un descenso do 2,3% trimestral, segundo o último informe de prezos publicado por Idealista. En termos interanuais, o prezo subiu un 3,6%.

Así, dende maio de 2020, cando se produciu o pico de prezo de alugueiro en España, a oferta creceu de forma significativa e as rendas medias descenderon un 13,2% en Barcelona, un 8,4% en Palma, un 8,3% en Madrid, un 7,1% en Sevilla e un 6,2% en Valencia.

O prezo mdeio do alugueiro de vivenda caiu en 13 autonomías con respecto ao mes de outubro. Cataluña (-3,4%), Murcia (-2,1%) e Madrid (-1,8%) lideran as baixadas. Síguenlles as caídas de Cantabria e La Rioja (-1,6% en ambas rexións), Baleares (-1%), Galicia (-0,8%), Euskadi (-0,5%), Castela e León (-0,4%), Aragón (-0,3%), Canarias e Castilla-La Mancha (-0,2% en ambos casos) e Comunitat Valenciana (-0,1%).

Por outro lado, os prezos subiron en Extremadura (0,5%), Navarra e Andalucía (0,4% en ambas rexións). O prezo mantívose estable en Asturias durante o mes de novembro.

Fonte | Idealista