O prezo da vivenda en España segundo os rexistradores aumentou un 7,5% en 2022 pese a baixada no último trimestre | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en España segundo os rexistradores aumentou un 7,5% en 2022 pese a baixada no último trimestre

O prezo da vivenda en España segundo os rexistradores aumentou un 7,5% en 2022 pese a baixada no último trimestre

O prezo medio dunha vivenda en España durante o último trimestre de 2022 foi de 1.951 euros o metro cadrado descendendo en comparación ao trimestre anterior nun 0,4%. Por tipo de vivenda a de segunda man caeu un 1,1% no terceiro trimestre mentres que a nova aumentou nun 2,5% sendo Baleares(3.257 euros m/2)  Madrid (3.176 ), País Vasco (2.932 euros) e Cataluña (2.417 euros) as comunidades máis caras.

En términos anuais o valor medio creceu un 6,7%, sendo a vivenda usada a que máis aumentou cun 7,5%, ata situarse de media no 2022 en 1944 euros por metro cadrado.

En canto ás compravendas segundo os rexistradores en 2022 houbo 646.240 transaccións o mellor dato dende 2008 pese a caída do 10,6% no último trimestre e da caída do 9,8% interanual en decembro.

Fonte.- Europa Press