O prezo da vivenda en Galicia encadea seis anos de subas pese ao impacto da COVID-19 | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Galicia encadea seis anos de subas pese ao impacto da COVID-19

O prezo da vivenda en Galicia encadea seis anos de subas pese ao impacto da COVID-19

O custo dos inmobles subiu en Galicia unha media do 2,2% en 2020 en comparación co ano anterior e, aínda que é o menor incremento nos últimos tres exercicios, encadea seis anos de subas unha vez que se superou o pinchazo da burbulla inmobiliaria.

As vivendas novas son as que máis contribuiron a esta suba: o seu prezo aumentou tres veces máis (un 5,5%) que as de segunda man (un 1,8%) e ademais, o 2,2% supón unha décima por encima da suba rexistrada a nivel nacional, segundo os últimos datos publicados polol Instituto Nacional de Estatística (INE).

O repunte do 2,2% é inferior ao de 2019 (+4%) e ao de 2018 (+3,8%), pero superior ao de 2017 (+1,7%). En 2014, a comunidade galega anotou o último descenso (-1,2%) tras os seis anos de caída do prezo das vivendas provocada polo pinchazo da burbulla inmobiliaria.

Fonte | La Opinión Coruña