O prezo da vivenda en Galicia sobe en xaneiro un 3,3% con respecto a 2023, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Galicia sobe en xaneiro un 3,3% con respecto a 2023, segundo Fotocasa

O prezo da vivenda en Galicia sobe en xaneiro un 3,3% con respecto a 2023, segundo Fotocasa

Segundo os datos do Índice Inmobiliario de Fotocasa, este xaneiro aumentou un 3,3% o prezo da vivenda en Galicia en relación ao mesmo mes do ano anterior. Con todo, en comparación ao mes de decembro de 2023, o prezo caeu un 0,4%, chegando ata os 1.713 euros por metro cadrado. A comunidade galega foi a segunda rexión na que menos subiu o prezo anual, e a quinta máis asequible de España neste mes, cun prezo medio por metro cadrado de 819€. 

Nas catro provincias galegas subiu o prezo. En Pontevedra é onde máis o fixo, un 5,8%, seguida por Lugo, un 2,3%, A Coruña, un 1,3%, e Ourense, un 0,7%. A provincia de Pontevedra é tamén a que máis prezo por metro cadrado alcanza, chegando ata os 2.060€/m2, seguida por A Coruña (1.660€/m2), Ourense (1.449€/m2) e Lugo (1.241€/m2).

En 3 das 4 capitais de provincia aumenta o prezo con respecto a xaneiro de 2023, en concreto, un aumento do 8,5% en Pontevedra, do 3,1% en Ourense, e un 2,7% en A Coruña. A capital de provincia máis cara na actualidade é A Coruña, con 2.615€/m2, seguida por Pontevedra (2.094€/m2), Ourense (1.587€/m2) e Lugo (1.382€/m2). 

En canto aos municipios, no 73% subiu o prezo de forma anual neste mes, sendo os de Burela (21,6%), Vilagarcía de Arousa (20,8%) e Viveiro (19,1%) nos que máis o fai. Doutra banda, no que o prezo da vivenda interanual máis descendeu é Poio (-8,5%). Os municipios máis caros neste xaneiro son Baiona, con 2.841 euros/m2 e Sanxenxo con 2.738 euros/metro cuadrado.

Fonte.- EuropaPress