O prezo da vivenda en Reino Unido sufre a súa maior caída dende 2009 debido a COVID-19 | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Reino Unido sufre a súa maior caída dende 2009 debido a COVID-19

O prezo da vivenda en Reino Unido sufre a súa maior caída dende 2009 debido a COVID-19

As medidas aplicadas polo Goberno británico para loitar contra a pandemia da COVID-19 afectaron directamente ao mercado da vivenda. Según Nationwide, os prezos das casas baixaron un 1,7 % en maio respecto ao mes anterior, o que supón o maior descenso dende febreiro de 2009. 

Os prezos no mercado da vivenda tiveron a súa maior caída en máis dunha década. A caída da actividade económica provocou que os fogares estén aumentando os aforros, o que podería sentar as bases para unha forte recuperación do gasto do consumidor e do mercado da vivenda en 2021. 

 

Fonte | Bloomberg