O prezo da vivenda en Vigo aumenta a pesar da lixeira baixada rexistrada en Galicia | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Vigo aumenta a pesar da lixeira baixada rexistrada en Galicia

O prezo da vivenda en Vigo aumenta a pesar da lixeira baixada rexistrada en Galicia

O prezo da vivenda en Vigo, tanto nova como usada, segue aumentado aínda que en Galicia baixase de media de forma paralela un 0,1% no terceiro trimestre de 2021 con respecto ao do 2020, de forma que a media sitúase en 1.339 euros por metro cadrado, segundo un informe publicado polo portal Idealista.

Por cidades, durante o último ano o prezo da vivenda usada caeu en Santiago de Compostela (-2%) e subiu na cidade de Vigo (+3,3%) e en canto ás capitais de provincia tamén se observa unha tendencia dispar: sobe o prezo en Ourense (+3,4%) e Pontevedra (+2,9%), mentres que baixa en Lugo (-4,9%) e A Coruña (-2,5%).

Por provincias, o comportamento dos prezos no terceiro trimestre foi bastante dispar, xa que en Pontevedra, subiu un 4,2%, ata os 1.567 euros/m2 de media; mentres que en Ourense encareceuse un 1,8%, ata os 1.160 euros/m2. No lado oposto están Lugo, onde os prezos descenderon un 3%, a 980 euros/m2 de media por vivenda e A Coruña, onde caeron un 3,4%, até os 1.293 euros/m2. 

Fonte | Atlánico