O prezo da vivenda mantén o seu vigor na provincia de A Coruña a pesar da crise | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda mantén o seu vigor na provincia de A Coruña a pesar da crise

O prezo da vivenda mantén o seu vigor na provincia de A Coruña a pesar da crise

Segundo os datos máis actualizados do Ministerio de Transporte en relación ao metro cadrado de vivenda libre na provincia de A Coruña (correspondentes ao terceiro trimestre de 2020), a suba do prezo da vivenda mantívose na provincia: o prezo medio por metro situouse en A Coruña nos 1.726 euros, en Santiago en 1.689 e en Ferrol en 760. Nos tres casos aumenta respecto ao mesmo período do 2019, cando a cidade coruñesa pechou en 1.688, a compostelana en 1.577 e a ferrolana en 697 euros.

Nos concellos cercanos ás tres cidades máis grandes da provincia a situación é desigual: sube, baixa ou mantense dependendo do caso. Por exemplo, en Arteixo descende lixeramente dos 969 euros do terceiro trimestre do 2019 aos 952 do 2020, mentres que en Culleredo subiu de 1.194 a 1.283.

A pesar disto, o barómetro do último trimestre do 2020 realizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin) entre os seus asociados mostra un aumento das vendas de vivendas respecto ao mesmo período do ano anterior. Ademais, en liñas xerais, tan solo un 30 % considera que a situación do mercado é peor ou moito peor que a do terceiro trimestre e só o 12 % cree que en 2021 a situación irá a peor. 

Por outro lado, en canto aos alugueiros, estos se manteñen no cuarto trimestre respecto ao tercero, aínda que cunha lixeira tendencia á baixa. 

Fonte | La Voz de Galicia