O prezo da vivenda medra no segundo trimestre un 9,3 % interanual de media na zona euro | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda medra no segundo trimestre un 9,3 % interanual de media na zona euro

O prezo da vivenda medra no segundo trimestre un 9,3 % interanual de media na zona euro

O prezo da vivenda segue aumentando en Europa, tanto no conxunto dos países da Eurozona coma na UE, aínda que este moderouse, segundo os datos de Eurostat, no segundo trimestre en comparación aos tres primeiros meses do ano.Na Eurozona os prezos aumentaron nun 9, 3 % durante os segundos tres meses de 2022 en comparación aos mesmos datos do ano pasado o que supón unha baixada de medio punto respecto á subida interanual do 9,8 % interanual que se deu entre xaneiro e marzo. No caso dos países que compoñen a Unión Europea a subida do prezo da vivenda durante o segundo trimestre foi do 9,9 % interanual, tamén medio punto inferior con respecto ao principio de ano.

As subidas máis altas producíronse en Estonia (+27,4%), Chequia (+23,1%), Hungría (+22,8%) e Lituania (+22,1%) mentres que Chipre (+2%), Finlandia (+2,2%) e Dinamarca (+2,8%) foron os países, dos que se coñecen datos, cun crecemento inferior. No caso de España, segundo Eurostat, rexistrouxe unha subida do 8,1% interanual durante os meses de abril e xuño.

Fonte. EuropaPress