O prezo da vivenda modérase, pero os propietarios resístense a baixar os prezos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda modérase, pero os propietarios resístense a baixar os prezos

O prezo da vivenda modérase, pero os propietarios resístense a baixar os prezos

O Índice de Prezos (IPV) correspondente ao terceiro trimestre de 2020, publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), amosa unha suba do 1,7% interanual e un incremento do 1,1% respecto ao trimestre anterior. Estes incrementos van moi en liña coa tendencia do prezo da vivenda durante os últimos trimestres, aínda que esta suba é a menor dende o primeiro trimestre de 2015. Con este novo incremento xa son 26 os trimestres de crecementos interanuais no prezo da vivenda.

Así, tal e como se mostraban en trimestres anteriores, os datos do INE reflicten unha pequena desaceleración respecto a trimestres anteriores e supón unha moderación no crecemento dos prezos da vivenda.

De momento, a situación económica provocada polo coronavirus non está facendo que os prezos da vivenda caian e os propietarios aínda se resisten a baixar prezos. Esto é debido, en parte, ao auxe que está vivindo a compra de vivenda coa pandemia. De feito, un estudo publicado por Fotocasa mostra que se antes da pandemia un 39% dos españois que buscan casa o facían no mercado da compra, agora elevouse ao 43%. Unha mención especial merece a vivenda de obra nova e é que o prezo increméntase un 7,5% e é a súa maior alza dende o primeiro trimestre de 2019.

Fonte | Fotocasa