O prezo da vivenda pechou 2023 aumentando un 5,3% con respecto ao ano anterior, segundo o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda pechou 2023 aumentando un 5,3% con respecto ao ano anterior, segundo o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana

O prezo da vivenda pechou 2023 aumentando un 5,3% con respecto ao ano anterior, segundo o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana

Segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Vivienda e Axenda Urbana, o prezo da vivenda libre pechou 2023 cun aumento anual do 5,3%, alcanzando os 1.842,3 €/m2, o importe máis elevado rexistrado dende mediados de 2010. En comparación ao trimestre anterior, o prezo encareceuse un 1,6%, nun exercicio marcado pola subida dos tipos de interese para conter a inflación, que terminou enfriando o mercado de compravendas e hipotecas pero non afectou aos prezos. 

Durante 2023 o prezo incrementouse; en primeiro lugar, tanto no primeiro como no segundo trimestre creceu un 3%, mentres que no terceiro aumentou ata o 4,2%, e pechou o ano superando o 5%. Desta forma, o prezo da vivenda leva crecendo de forma ininterrompida dende o segundo trimestre de 2021, e non alcanzaba un importe tan alto dende o segundo trimestre de 2010, onde alcanzou os 1.848 €/m2.

En tódalas comunidades autónomas aumentou o prezo no cuarto trimestre de 2023, sendo Baleares (9,7%), a Comunidade Valenciana (8,8%), Canarias (7,5%), Murcia (6,8%), Andalucía (6,7%) e a Comunidade de Madrid (6,6%) nas que máis o fixo. A vivenda encadeou dous trimestres seguidos superando os 1.800 euros por metro cadrado, un importe que non se alcanzaba dende o cuarto trimestre de 2010. 

Fonte.- El Ideal Gallego