O prezo da vivenda sobe un 0,7% interanual en agosto en España | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda sobe un 0,7% interanual en agosto en España

O prezo da vivenda sobe un 0,7% interanual en agosto en España

En España baixa un -0,2% a variación mensual do prezo da vivenda de segunda man e sobe un 0,7% na súa variación interanual, situando o seu prezo en 1.890 euros/m2 en agosto, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este último valor é a décima (0,7%) suba interanual do prezo da vivenda despois de 11 meses de caídas interanuais en cadea (de decembro de 2019 a outubro de 2020).

Estes datos son sinal de que o prezo da vivenda está ás portas de iniciar un ciclo de moderación producido por un acougo da actividade na demanda de compra. Trátase dun crecemento moderado que probablemente continuará con tendencia á baixa e formalizará a estabilización nos próximos meses. 

En España 11 comunidades autónomas presentan datos mensuais positivos en agosto de 2021. Os incrementos corresponden a: A Rioxa (2,0%), Aragón (1,0%), Baleares (0,9%), Cantabria (0,5%), Madrid (0,3%), Navarra (0,3%), Castela e León (0,3%), Andalucía (0,2%), Estremadura (0,2%), Asturias (0,1%) e Comunitat Valenciana e (0,1%). Doutra banda, as comunidades con descensos son: Rexión de Murcia (-0,7%), País Vasco (-0,4%), Castela-A Mancha (-0,4%), Canarias (-0,3%),  Cataluña (-0,2%) e Galicia (-0,1%).

Fonte | Fotocasa