O prezo da vivenda subirá un 4% o vindeiro ano polo coste dos materiais segundo CaixaBank | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda subirá un 4% o vindeiro ano polo coste dos materiais segundo CaixaBank

O prezo da vivenda subirá un 4% o vindeiro ano polo coste dos materiais segundo CaixaBank

O prezo da vivenda subirá en torno ao 4% en 2022 polo encarecemento das materias primas e o bloqueo do comercio internacional, segundo o informe inmobiliario do servizo de estudos de CaixaBank, que prevé que 2021 peche cunhas 545.000 compravendas, unha cifra non acadada dende 2008.

A entidade estima que o boom deste ano pola compra dunha vivenda moderarase en 2022, o que situará as transaccións en niveis similares aos de antes da pandemia, ao redor de 500.000.

Aínda que a entrega de vivendas novas non só superou este ano os niveis precovid, senón que está en máximos dende 2012, o informe lembra que estas cifras non reflicten a situación actual da oferta de obra nova, xa que refírense a promocións comezadas fai anos. Esta é moito máis dependente de factores estruturais, e segue estando "atrasada", cos visados entre xaneiro e setembro un 3,9% por baixo de 2019. Segundo CaixaBank, de manterse o ritmo actual, no conxunto de 2021 teranse emitido algo máis de 100.000 visados de obra nova, cifra moi similas ás de 2018 e 2019.

Por outra banda, o encarecemento das materias primas e o bloqueo do comercio internacional poderían lastrar a recuperación da oferta. Segundo datos de Eurostat, os costes do sector están crecendo por riba do 12% anual e os precios de certos suministros, sobrepasan o 15%.

Nesta liña, una enquisa recente da Confederación Nacional da Construcción (CNC) recolle que un 75% das empresas sufriu algún tipo de desabastecemento ou retraso inusual de madeira, aluminio ou aceiro, entre outros.

Fonte | El Economista