O prezo da vivenda subiría de forma desorbitada nos próximos 5 anos, segundo a patronal dos grandes promotores de España | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda subiría de forma desorbitada nos próximos 5 anos, segundo a patronal dos grandes promotores de España

O prezo da vivenda subiría de forma desorbitada nos próximos 5 anos, segundo a patronal dos grandes promotores de España

A APCE, a patronal dos grandes promotores de España, advirte de que os prezos da vivenda subirían de forma desmedida nos próximos 5 anos, a condición de que non se solvente o problema da falta de oferta existente. A patronal afirma que existe unha gran problemática pola pouca accesibilidade das persoas novas á vivenda, pero isto agravaríase dentro de 5 anos, cando o problema da falta de man de obra aumente, o cal reducirá a oferta de vivenda e, polo tanto, faría que os prezos continuasen aumentando. 

Segundo Gómez-Pintado, presidente da APCE, os prezos nas grandes cidades de España, como Madrid e Barcelona poderían dispararse ata chegar a niveis doutras grandes urbes europeas como Milán, Roma ou París, onde os prezos están aínda máis disparados. A única solución posible para o empresario na problemática da man de obra e o aumento da produción, pasan pola industrialización dos procesos construtivos.

Para o futuro próximo, o presidente da APCE considera necesario que se solucionen este tipo de cuestións, e permita facilitar o acceso das persoas novas á vivenda, para o cal fai falta por tanto unha maior produción para que o desaxuste entre oferta e demanda sexa menor.

Fonte.- El Economista