O prezo da vivenda usada cae un 4,4% en España e suma tres semestres consecutivos de descenso | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada cae un 4,4% en España e suma tres semestres consecutivos de descenso

O prezo da vivenda usada cae un 4,4% en España e suma tres semestres consecutivos de descenso

O prezo da vivenda usada cae por terceiro semestre consecutivo, de forma que durante o segundo semestre de 2020, o prezo da vivenda usada baixou un 4,4%. Esta tendencia comezou no segundo semestre de 2019, cunha caída do 2,1% e continuou no primeiro semestre de 2020 cun descenso do 4,95%, aínda que o ritmo cambia en función das cidades, experimentando os descensos máis importantes Barcelona (-7%) e Sevilla (-6%).

Así, recóllese unha caída do 23% na compravenda respecto ao segundo semestre de 2019, rexistrando a maioría das principais cidades un descenso por encima da media española. Así, en Madrid as compravendas de segunda man caíron un 31,13%, un 30% en Barcelona e un 25% en Zaragoza y Sevilla. 

Unha das causas radica na maior negociación entre comprador e vendedor, debido, en moitas ocasións a sobrevaloración da oferta que alonga o proceso de venda.

Por último, a forma de comprar unha vivenda tamén cambiou ao longo dos últimos anos: no ano 2012/2013 a porcentaxe de compradores de primeira vivenda estaba igualado entre os que adquirían ao contado e mediante hipoteca, mentres que durante o segundo semestre de 2020, o 79% das compras fixéronse con hipoteca, fronte ao 21% ao contado.

Fonte | El Economista