O prezo da vivenda usada en venda volve subir en España un 0,6% en abril | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada en venda volve subir en España un 0,6% en abril

O prezo da vivenda usada en venda volve subir en España un 0,6% en abril

O prezo da vivenda usada en España rexistrou unha suba do 0,6% durante o mes de abril, situándose en 1.794 euros/m2, segundo o último índice de prezos inmobiliarios de Idealista. Se atendemos ao último trimestre o prezo subiu un 0,4% e se nos fixamos no dato de abril de 2020 a subida interanual é do 2,3%.

O prezo subiu durante o mes de abril en oito rexións españolas: A Rioxa (1,2%) lidera os incrementos seguida de Comunitat Valenciana, Baleares e Andalucía (0,6% no tres casos), Navarra e Cataluña (0,5% en ambas as rexións), Canarias (0,3%) e Aragón (0,2%).

Pola contra, Asturias (-0,6%) é a rexión na que máis baixa o prezo durante o mes de abril, seguida de Galicia (-0,4%), Cantabria e Castela e León (-0,2% en ambos os casos).

Fonte | Idealista