O prezo da vivenda usada sube un 0,6% en maio, con Málaga, Madrid e Baleares en máximos | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada sube un 0,6% en maio, con Málaga, Madrid e Baleares en máximos

O prezo da vivenda usada sube un 0,6% en maio, con Málaga, Madrid e Baleares en máximos

O prezo da vivenda usada en España rexistrou unha suba do 0,6% durante o mes de maio, situándose en 1.805 euros/m2, segundo o último índice de prezos inmobiliarios de Idealista. Ademais, se se atende ao último trimestre o prezo subiu un 1,9% e se nos fixamos no dato de maio de 2020 a suba interanual é do 4,4%.

O prezo subiu durante o mes de maio en 13 rexións españolas. Navarra (1,7%) lidera os incrementos seguida de Comunitat Valenciana (1,4%), Andalucía (1%), Comunidade de Madrid (0,9%) e Castela-A Mancha (0,6%). Por baixo sitúanse as subidas de Cataluña (0,5%), Murcia (0,4%), Aragón e Baleares (0,3% en ambos os casos), A Rioxa (0,2%), Castela e León, Canarias e Cantabria (0,1% nas tres rexións).

Pola contra, Asturias e Galicia (-0,2%) son as rexións na que máis baixa o prezo durante o mes de maio seguidas de Euskadi (-0,1%). 

Baleares con 3.141 euros/m2 é a autonomía máis cara seguida pola Comunidade de Madrid (2.927 euros/m2), alcanzando o seu maior prezo desde que Idealista ten rexistros. 

Fonte | Idealista