O prezo da vivienda en alugueiro cae un -4,5% interanual en maio en España | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivienda en alugueiro cae un -4,5% interanual en maio en España

O prezo da vivienda en alugueiro cae un -4,5% interanual en maio en España

En España o prezo da vivenda en alugueiro sobe un 0,2% na súa variación mensual e cae un -4,5% na súa variación interanual, situando o seu prezo en 10,42 €/m2 ao mes en maio, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este último valor (-4,5%) é o cuarto descenso rexistrado desde febreiro de 2021 (-1,7%).

Esta caída está producida polos descensos moi pronunciados das comunidades autónomas máis tensionadas, como Madrid ou Cataluña. Con todo, detéctase que outras das rexións que nos meses anteriores tamén mostraban baixadas significativas, como Baleares ou Canarias, agora caen a ritmos máis moderados. Isto podería deberse á reactivación turística de face ao comezo do verán nas zonas máis historicamente máis dependentes das estacionalidades do ano.

En España 14 comunidades autónomas presentan datos mensuais positivos en maio de 2021. As comunidades da Rioxa e Cantabria cun incremento dun 4,9% e un 4,8%, son as rexións que máis soben de prezo. Séguenlle, Estremadura (3,9%), Rexión de Murcia (3,8%), Aragón (1,8%), Comunitat Valenciana (1,3%), Castela e León (1,0%), País Vasco (0,9%), Asturias (0,6%) e Galicia (0,6%).

En canto ao ranking de Comunidades Autónomas (CC.AA.) co prezo da vivenda máis caras para alugar unha vivenda en España, nos primeiros lugares atópanse Cataluña e Madrid, cos prezos de 13,88 €/m2 ao mes e os 13,77 €/m2 ao mes, respectivamente. 

Fonte | Fotocasa