O prezo das vivendas crece o triple de rápido ca os salarios nas grandes cidades | Observatorio de Vivenda

O prezo das vivendas crece o triple de rápido ca os salarios nas grandes cidades

O prezo das vivendas crece o triple de rápido ca os salarios nas grandes cidades

Segundo os últimos datos de valor da vivenda publicados polo Ministerio de transportes, e a súa comparativa coa evolución dos salarios na última década, resultan preocupantes. Os datos amosan que en todas as grandes cidades (de máis de medio millón de habitantes) salvo en Zaragoza, producíuse unha diverxencia na evolución dos salarios e no prezo das vivendas. A comparativa é entre a evolución dos salarios e dos prezos medios por metro cadrado dende 2012 ata 2021. 

Zaragoza é a única gran cidade que se distancia da norma, a variación do prezo da vivenda entre 2021 e 2021 é do 0 % mentres que os salarios creceron un 7,6%. A seguinte gran cidade coa menor revalorización inmobiliaria é Sevilla, e neste caso os pisos subiron máis do dobre ca os salarios. En Valencia e Madrid a diferenza ronda o triple, en Barcelona multiplícase por catro, en Málaga por seis. Ao analizar España no seu conxunto, obsérvase un maior equilibrio. Os salarios creceron de media un 8,1% mentres que o prezo das vivendas medraron un 10,6% entre 2012 e 2021. 

Fonte | El País