O prezo das vivendas en Reino Unido subiu un 3,7% interanual en xullo | Observatorio de Vivenda

O prezo das vivendas en Reino Unido subiu un 3,7% interanual en xullo

O prezo das vivendas en Reino Unido subiu un 3,7% interanual en xullo

Segundo o portal inmobiliario Rightmove, o prezo das vivendas subiu un 3,7% interanual en xullo. O mercado residencial en Reino Unido volve a ser optimista tralas medidas adoptadas polo Goberno para facer fronte a crise da COVID-19, entre as que destaca a exención fiscal para a compra de vivenda. Trátase do maior porcentaxe de subida interanual dos últimos tres anos. Ademáis, os prezos aumentaron un 2,4% respecto a marzo, cando comezaron as medidas de confinamento. 

O equivalente ao Imposto de Transmisións Patrimoniais suspendeuse o pasado 9 de xullo para aproximadamente o 90% das transaccións. A exención elimina as taxas das primeiras 500.000 libras do valor da compravenda, uns 555.000 ao cambio actual. O tráfico do portal inmobiliario aumentou un 35% nos cinco primeiros días posteriores a esta medida anunciada. 

 

Fonte | Bloomberg