O prezo de alugueiro sobe un 6,4 % interanual en outubro en España segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo de alugueiro sobe un 6,4 % interanual en outubro en España segundo Idealista

O prezo de alugueiro sobe un 6,4 % interanual en outubro en España segundo Idealista

O prezo do alugueiro situouse de media en España en 11,2 €/m2 o que supón unha subida do 6,4 % con respecto ao mesmo mes de 2021 aínda que en comparación ao mes de setembro sufriu un descenso do 0,3 %.

Por Comunidades, son oito as que mostran subidas no último mes, liderando Canarias, co 2,1 %, Andalucía (2%) e Cataluña (0,5%) estas alzas sendo a Comunidade de Madrid a que conta co prezo máis alto con 15,1 €/m2 , polos 6,1 €/m2 que custa en Castela A Mancha, a comunidade onde é máis barato o alugueiro. Pola contra Cantabria (-5,9%), Murcia (-2,5%) e A Rioxa (-2,3%) contan coas baixadas do prezo do alugueiro máis importantes.

Fonte.- Idealista