O prezo do alugueiro baixa en España un 5,6% interanual en xuño, moderando as caídas | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro baixa en España un 5,6% interanual en xuño, moderando as caídas

O prezo do alugueiro baixa en España un 5,6% interanual en xuño, moderando as caídas

O prezo do alugueiro de vivendas en España reduciuse un 5,6% durante os últimos 12 meses, segundo un informe publicado por Idealista, xa que, a peche do mes de xuño de 2021, arrendar unha vivenda no noso país tiña un custo de 10,7 euros por metro cadrado, unha cifra que é un 0,6% máis baixa que a rexistrada ao peche do primeiro trimestre.

Esta caída foi máis marcada nos grandes mercados do alugueiro, encabezados polo descenso de Barcelona (onde baixaron un 13,2% nun ano) e seguidos por Madrid (-12,4%), Palma (-8,5%), Málaga (-8,1), Sevilla (-7,6%) e Valencia (-6,3%).

A pesar da caída nacional, o prezo incrementouse en 11 autonomías, sendo as maiores subas en Cantabria (5,2%), A Rioxa e Castela-A Mancha (ambas cun 4,9%) e Galicia (4,7%).

Fonte | Idealista