O prezo do alugueiro baixa un 3,8% en España durante o ano da pandemia | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro baixa un 3,8% en España durante o ano da pandemia

O prezo do alugueiro baixa un 3,8% en España durante o ano da pandemia

O prezo do alugueiro de vivendas en España reduciuse un 3,8% durante os 12 meses que levamos de pandemia, segundo un informe publicado por idealista. A peche do mes de marzo de 2021, arrendar unha vivenda no noso país tiña un custo de 10,8 euros por metro cadrado.

Esta caída foi máis marcada nos grandes mercados de alugueiro, encabezados polo descenso de Barcelona (onde baixaron un 14,3% nun ano) e seguidos por Madrid (-10,7%), Palma (-8,7%), Valencia (-6,3%), Sevilla (-6,1%) e Málaga (-5,3%).

A pesar da caída nacional, o prezo incrementouse en 12 Comunidades Autónomas. A maior subida deuse en Castela e León (6,5%), A Rioxa (6,2%), Murcia (6,1%) e Cantabria (6%), con subidas tamén significativas sitúanse Navarra (5,5%), Castela-A Mancha (5,4%), Galicia (4,8%) e Estremadura (4,3%). 

Fonte | Idealista