O prezo do alugueiro caeu en abril en Galicia segundo pisos.com | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro caeu en abril en Galicia segundo pisos.com

O prezo do alugueiro caeu en abril en Galicia segundo pisos.com

O valor medio do alugueiro en Galicia foi de 5,42 euros o metro cadrado segundo os datos de pisos.com o que é un 3,2% menos que os datos do mesmo mes en 2022. No caso da media estatal as rendas situáronse nos 10.73 euros o metro cadrado cunha suba interanual do 5,5%.

Por provincias, Pontevedra rexistrou o valor medio máis caro con 7,13 € pero cunha baixada do 3,54% respecto ao ano pasado, seguida por A Coruña cun prezo medio de 5,39 euros e unha caída do 3,92%,  Lugo 4,66 euros o metro cadrado e un 0,21% menos e por último Ourense que rexistrou a maior baixada co 4,63% e un pago medio de 3,91 euros/m2

Fonte.- Galicia Press