O prezo do alugueiro crece un 10,8% anual en xaneiro segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro crece un 10,8% anual en xaneiro segundo Idealista

O prezo do alugueiro crece un 10,8% anual en xaneiro segundo Idealista

Segundo os últimos datos publicados polo portal web inmobiliario Idealista, o incremento anual dos prezos do alugueiro en xaneiro foi do 10,8%, marcando un novo record histórico. En comparación ao mes de decembro de 2023, o incremento foi do 1,8%, sitúandose na actualidade o prezo en 12,4€/m2. 

Ata un total de 37 territorios no país experimentaron crecemento nos prezos neste primeiro mes de 2024, sendo o incremento máis importante o de Huelva, un 4,6% máis que en decembro. As outras capitais de provincia nas que máis subiu o prezo foron Cáceres cun 4,4%, Segovia cun 4,3%, e Lugo e Huesca cun 3,1% en ambos casos. Doutra banda, as capitais nas que descendeu o prezo neste periodo foron Soria (-2,5%), Teruel (-2%), Albacete (-2%), Melilla (-1,9%) e Valladolid (-1,6%).

O maior crecemento atópase segundo o informe nas grandes cidades do país. Nas cidades de San Sebastián (2,1%), Palma (2%) e Madrid (1,8%) son exemplos, e, en menor medida, os aumentos do 1,6% en Sevilla e do 1,3% en Barcelona tamén amosan esta situación. A única das grandes cidades nas que o prezo descendeu de decembro a xaneiro foi Alacante, un 0,5%. 

En canto a prezos absolutos, Barcelona continua sendo a cidade máis cara, cunha media de 20,8€/m2, seguida por Madrid, con 18,3€/m2, San Sebastián (17,2 euros/m2), Palma (15,7 euros/m2), Bilbao (13,8 euros/m2) e Málaga (13,7 euros/m2). Por outro lado, as capitais de provincia con menor prezo actualmente son Zamora (6,3 euros/m2), Cidade Real (6,7 euros/m2) e Xaén (6,8 euros/m2). 

Fonte.- El Economista