O prezo do alugueiro de vivendas en España increméntase un 9,3% interanual: 34 capitais españolas teñen prezos máis altos que antes da Lei de Vivenda | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro de vivendas en España increméntase un 9,3% interanual: 34 capitais españolas teñen prezos máis altos que antes da Lei de Vivenda

O prezo do alugueiro de vivendas en España increméntase un 9,3% interanual: 34 capitais españolas teñen prezos máis altos que antes da Lei de Vivenda

Durante o últimos tres meses incrementouse o prezo do alugueiro de vivendas en España tan só un 0,3%, segundo un informe publicado por Idealista, mentres que a taxa de incremento interanual sitúase no 9,3%. O último dato dispoñible mostra que o custo de arrendar unha vivenda no mes de setembro no noso país era de 11,8 euros por metro cadrado.

Segundo un portavoz de Idealista, Francisco Iñareta, "tras catro meses desde a aplicación da Lei de Vivenda, parece evidente que esta non conseguiu o principal dos seus obxectivos: conter o prezo das vivendas en alugueiro. Os seus custos seguen en aumento e máis de 20 capitais marcas prezos máximos desde que hai rexistros. Cada vez é máis complicado acceder a unha vivenda digna en alugueiro". 

Rexistráronse incrementos significativos no últimos tres meses en Barcelona (6,6%), Madrid (5,1%), Alacante (4,6%), Valencia (4,2%), entre outros. En termos interanuais, as subidas foron do 22% en Valencia, do 18,6% en Alacante, do 18% en Barcelona e do 10,7% en Madrid.

Doutra banda, a maior subida trimestral deuse en Santa Cruz de Tenerife cun incremento do 10,2%. En canto a prezos, Barcelona é a capital máis cara para alugar unha vivenda, con 20 euros o metro cadrado, seguido por Madrid e San Sebastián.

Fonte.- Idealista