O prezo do alugueiro en Portugal aumenta un 3,1 % en abril | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en Portugal aumenta un 3,1 % en abril

O prezo do alugueiro en Portugal aumenta un 3,1 % en abril

Segundo os datos que aparecen no Índice de Prezos ao Consumidor (IPC), publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) de Portugal, as rendas da vivenda por metro cadrado aumentaron un 3,1 % en abril de 2020 en comparación co mesmo periodo do ano pasado. Respecto ao mes anterior, rexistrouse unha tasa inferior en 0,2 puntos porcentuales. Tódalas rexións mostraron variacións positivas ano tras ano nos alugueiros de vivendas e Lisboa rexistrou o aumento máis intenso, do 3,7 %. 

En canto ao valor promedio dos alugueiros de vivenda, rexistrou unha variación mensual do 0,1 %, o que supón 0,2 puntos porcentuais menos cos rexistrados no mes anterior. A Rexión Norte tivo a maior variación mensual (0,2 %) e a Rexión Autónoma de Madeira mostrou a reducción máis significativa (-0,2 %). 

 

Fonte | idealista