O prezo do metro cadrado de segunda man en Galicia sitúase en 1.739 €, acorde ao último estudo de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo do metro cadrado de segunda man en Galicia sitúase en 1.739 €, acorde ao último estudo de Fotocasa

O prezo do metro cadrado de segunda man en Galicia sitúase en 1.739 €, acorde ao último estudo de Fotocasa

Segundo os datos do último estudo de mercado realizado polo portal inmobiliario Fotocasa, o prezo da vivenda de segunda man en Galicia experimentou un incremento ata alcanzar os 1.739 €/m2 en marzo. 

Baiona continúa sendo a localidade con maior prezo, e séguelle Sanxenxo, como a segunda localidade con maior prezo, alcanzando os 2.845 €/m2, polo que un piso de 100 metros cadrados superaría os 284.000 € no seu prezo de venda de segunda man. 

O concello galego onde máis descendeu o prezo da vivenda en marzo foi O Grove, cunha baixada do 10,3%, alcanzando os 1.846 €/m2 na península meca. Esta cantidade aínda así supera a media de Galicia, e acumula un maior prezo medio que Vilagarcía, onde o prezo está en 1.535 €/m2, Cambados, con 1.432 €/m2 ou Ribeira, con 1.309 €/m2. 

Fonte.- Diario de Arousa