O prezo do metro cadrado de vivendas protexidas en Madrid vai aumentar para impulsar a súa edificación | Observatorio de Vivenda

O prezo do metro cadrado de vivendas protexidas en Madrid vai aumentar para impulsar a súa edificación

O prezo do metro cadrado de vivendas protexidas en Madrid vai aumentar para impulsar a súa edificación

O executivo de Isabel Díaz Ayuso afirma que mentres que o prezo máximo do metro cadrado fixouse no ano 2008, produciuse un encarecemento da enerxía e un crecemento dos costes de materias primas e dos costes de produción para mellorar a eficiencia enerxética das edificacións. Debido a estas causas, a cifra de construción de promocións de vivendas protexidas sufriu unha caída pronunciada nos últimos anos. Indícase tamén que o contexto do mercado da vivenda influe na situación actual, é dicir, a inflación, a crise financeira e inmobiliaria, a restrición na concesión de financiamento, unha menor estabilidade no emprego e, a partir de 2013, a supresión dos subsidios e as axudas á entrada para a compra de vivenda protexida.

Polo tanto, o goberno rexional ve necesario aumentar o prezo do metro cadrado da vivenda protexida co obxectivo de impulsar e fomentar a edificación de este tipo de vivendas. De feito, o número de vivendas cualificadas como protexidas en 2008 na rexión foi de 16.623, fronte ás 3.466 que se cualificaron en 2022 e as 1.539 que o fixeron entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2023, é dicir, un descenso aproximado do 80%. 

Fonte.- 20minutos