O prezo do solo afúndese (-15%) e anticipa unha caída da vivienda | Observatorio de Vivenda

O prezo do solo afúndese (-15%) e anticipa unha caída da vivienda

O prezo do solo afúndese (-15%) e anticipa unha caída da vivienda

As consecuencias da pandemia económica afectan a todos os sectores productivos, tamén ao sector inmobiliario, moi sensible aos ciclos económicos. Así, os datos máis recentes do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana anticipan un severo axuste nos prezos das vivendas nos próximos trimestres.

Esto é así porque o prezo do solo, que é un indicador adelantado de actividade, reflexa xa unha forte caída do 15,1% en términos anuais o do 14,9% se se compara o segundo trimestre do ano co primeiro de 2020. En concreto, o prezo medio do metro cadrado de solo urbano situouse en 139,6 euros, o valor mái baixo das dúas últimas décadas, e é, incluso, inferior ao que se rexistrou durante a anterior crise económica.

O descenso dos prezos hai que vinculalo tamén ao forte descenso no número de compravendas, as cales pecharon o segundo trimestre co valor máis baixo da serie histórica: 295,1 millóns de euros, lonxe dos 450,1 millóns do primeiro trimestre do ano, o que representa unha caída do 35% trimestral e un desplome do 50% en termos interanuais.

Ahora ben, non hai que olvidar a enorme heteroxeneidade por rexións, xa que o mercado da vivenda está enormemente fragmentado: mentres que o prezo do solo en Baleares sitúase en 263,2 euros, cerca do dobre respecto da media nacional, en Ourense apenas alcanza os 44 euros, é dicir, seis veces menos.

O tamaño dos municipios tamén explica a enorme dispersión en prezos, o cal se pon de manifesto no feito de que o valor do solo urbano nas cidades con máis de 50.000 habitantes apenas caiu un 6,8% no segundo trimestre fronte ao mesmo período do ano anterior (oito veces menos que no conxunto do país).

Fonte | El Confidencial