O prezo dos alugueiros de Reino Unido incrementouse un 5,5% interanual no mes de agosto | Observatorio de Vivenda

O prezo dos alugueiros de Reino Unido incrementouse un 5,5% interanual no mes de agosto

O prezo dos alugueiros de Reino Unido incrementouse un 5,5% interanual no mes de agosto

O prezo dos alugueiros en Reino Unido sufriu, nos últimos 12 meses, o aumento máis rápido desde que se teñen rexistros, é dicir, dos últimos sete anos, mentres que os prezos das vivendas en venda descenderon aos números máis baixos nunha década, segundo os datos oficiais publicados no país. Os prezos aumentaron un 5,5% en agosto con respecto a hai un ano e os precios das vivendas en venda baixaron un 0,6% en xullo.

As continuas subidas de tipos aprobadas polo Banco de Inglaterra, ata os actuais 5,25%, provocaron que os intereses das hipotecas alcancen máximos de hai 15 anos. Doutra banda, espérase que os prezos da vivenda sigan baixando; en Gran Bretaña a media no prezo da vivenda en xullo foi de 333.500 euros, o que o sitúa 68.097 euros por encima dos prezos rexistrados xusto antes da crise da pandemia, pero 2.300 euros menos respecto a novembro de hai un ano.

Fonte.- Idealista