O prezo dos alugueiros rexistra unha caída do 7,1% interanual en outubro en España, o décimo descenso mensual consecutivo | Observatorio de Vivenda

O prezo dos alugueiros rexistra unha caída do 7,1% interanual en outubro en España, o décimo descenso mensual consecutivo

O prezo dos alugueiros rexistra unha caída do 7,1% interanual en outubro en España, o décimo descenso mensual consecutivo

O mes de outubro pechouse cunha nova caída interanual do prezo do alugueiro en España do 7,1% ata establecerse en 10,5 euros/m2, segundo o último informe de prezos de Idealista. Isto supón a décima caída consecutiva mensual rexistrada polo portal inmobiliario. Así, no último mes a caída foi do 0,4%, pero nos principais mercados comézase a observar subas intermensuales (1,1% en Barcelona e 0,3% en Madrid). 

Desta forma, o prezo medio do alugueiro de vivenda descendeu en seis autonomías no último ano: Cataluña (-6,6%), a Comunidade de Madrid (-6,2%), Baleares (-1,8%), Andalucía (-1,2%), Comunitat Valenciana (-1,1%) e Castela e León (-0,7%). 

Doutra banda, as rendas das vivendas en alugueiro subiron durante o último ano en Cantabria (4,8%), Galicia (4,2%), Estremadura (3,8%), Navarra (3,4%) e Castela-A Mancha (3,2%), xunto con outras subas máis lixeiras noutras comunidades.

Fonte | Idealista