O prezo dos alugueiros subiu un 9,5% en Santiago respecto do ano pasado | Observatorio de Vivenda

O prezo dos alugueiros subiu un 9,5% en Santiago respecto do ano pasado

O prezo dos alugueiros subiu un 9,5% en Santiago respecto do ano pasado

O prezo dos alugueiros continúa en ascenso na capital galega. En novembro subiu un 2,6% e situouse nos 7,93 euros por metro cadrado de media, o que supón unha variación interanual do 9,5% segundo un estudo de Fotocasa. Isto supón a subida máis elevada das seis principais cidades galegas.

Santiago sitúase na primeira posición na subida interanual, seguida de Ferrol e A Coruña, ambas cunha subida de algo máis do 3%. Pero, incluso despois da subida dos prezos Compostela non é todavía a cidade máis cara de Galicia. Trátase de A Coruña cun prezo de 8,65 euros por metro cadrado, seguida por Vigo cun prezo de 8,59 euros, mais esta última conta cunha variación interanual negativa do 1%, mentres que en novembro foi do 1,4%.

Fonte | La Voz de Galicia