O prezo dos pisos de segunda man cae en Galicia, un 25% máis baratos que a media | Observatorio de Vivenda

O prezo dos pisos de segunda man cae en Galicia, un 25% máis baratos que a media

O prezo dos pisos de segunda man cae en Galicia, un 25% máis baratos que a media

Mentres o prezo da vivenda nova en Galicia experimenta unha alza ante a crecente demanda, os inmobles de segunda man empezan a reducir os seus prezos de venda. Xa en maio, o mercado residencial de segunda man en Galicia tendeu á rebaixa de prezos (-0,2% respecto ao mes anterior) fronte á suba no conxunto do país do 0,6%, segundo datos publicados polo portal inmobiliario Idealista.

Comprar hoxe unha vivenda xa usada en Galicia supón un desembolso de 1.346 euros o metro cadrado, o que se traduce nun custo medio de case 108.000 euros para in moble de 80 metros. Este prezo coloca á comunidade galega como a sexta coas tarifas máis baixas, por detrás de Castela-A Mancha (867), Estremadura (928), Castela e León (1.140), Murcia (1.054), A Rioxa (1.235) e Aragón (1.323). Até un 25% menos custa adquirir un piso de segunda man en Galicia que o custo medio no conxunto do país (1.805).

Por provincias, no último mes Ourense foi a única no territorio galego que experimentou unha alza (0,3%). A maior caída protagonizouna Lugo (0,4%), seguida de Pontevedra (0,3%) e, finalmente, A Coruña (0,1%).

Fonte | La Opinión Coruña