O prezo dos pisos turísticos en Portugal crece ao mesmo ritmo que a súa fama | Observatorio de Vivenda

O prezo dos pisos turísticos en Portugal crece ao mesmo ritmo que a súa fama

O prezo dos pisos turísticos en Portugal crece ao mesmo ritmo que a súa fama

O bum turístico que está vivindo o litoral atlántico non só sucede en Galicia, onde zonas como Baiona experimentan as maiores subidas de prezo da costa española, tamén no país veciño estase incrementando o turismo e, por conseguinte, a demanda de pisos turísticos. Dita demanda tradúcese nun crecemento dos prezos destes pisos. O metro cadrado en Oporto ascendeu ata os 3.200 euros, cidade sumida nunha burbulla inmobiliaria, pero outras zonas non se quedan atrás, coma Matosinhos, onde o metro cadrado sitúase nos 2.350 euros, ou Vilanova de Gaia, con 1.660 euros por metro cadrado. A costa atlántica está de moda e diso dan boa conta os aforradores portugueses, que ven como os prezos das súas vivendas non deixan de subir.

Fonte.- La Voz de Galicia