O prezo medio da vivenda de segunda man baixou un 1,2 % en Galicia no mes de abril  | Observatorio de Vivenda

O prezo medio da vivenda de segunda man baixou un 1,2 % en Galicia no mes de abril 

O prezo medio da vivenda de segunda man baixou un 1,2 % en Galicia no mes de abril 

Segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa, o prezo medio da vivenda de segunda man baixou de media en Galicia un 1,2 % en abril con respecto a marzo e un 4,1 % na súa variación interanual, deixando o prezo en 1.530 euros o metro cadrado. 

As estatísticas tamén indican que a cotización media da vivenda de segunda man baixou en abril en 35 dos 56 municipios incluidos no estudo. O maior descenso rexistrouse en Malpica (-5 %), seguido de Tomiño (-4,1 %). Pola contra, o incremento máis pronunciado rexistrouse en Boiro (8,6 %) e Foz (4,4 %). 

 

Fonte | La Voz de Galicia