O prezo medio da vivenda usada sitúase en Santiago en 2.141 euros por metro cadrado | Observatorio de Vivenda

O prezo medio da vivenda usada sitúase en Santiago en 2.141 euros por metro cadrado

O prezo medio da vivenda usada sitúase en Santiago en 2.141 euros por metro cadrado

Santiago foi a única das sete principais cidades galegas nas que o prezo media da vivenda de segunda man experimentou unha caída durante o 2020; foi un axuste de tan só un 0,5 %, pero que representa unha anomalía no comportamento do que é dende fai anos, o segmento con maior demanda do mercado inmobiliario.

De acordo cos datos difundidos polo portal Fotocasa, o prezo medio da vivenda usada na capital galega situouse a peche do ano da pandemia en 2.141 euros por metro cadrado, o segundo máis caro nunha relación que entre as cidades lidera A Coruña (2.340).

Ademais, os prezos tamén caíron na contorna da cidade: en Ames o metro cadrado cotiza a 1.281 euros e en Teo, a 1.236.

Fonte | La Voz de Galicia