O prezo medio do alugueiro en outubro marcou máximos en Santiago segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo medio do alugueiro en outubro marcou máximos en Santiago segundo Idealista

O prezo medio do alugueiro en outubro marcou máximos en Santiago segundo Idealista

Santiago rexistrou un prezo medio por metro cadrado no mes de outubro de 8,1 euros segundo a análise mensual do portal especializado Idealista. Isto supón unha subida do 10% interanual, a media da comunidade foi do 4,3, sendo o valor máis alto dende que esta páxina ofrece estes datos no 2011.

Por cidades, a única que ten unha subida semellante á capital foi Ourense cun 10,1 % aínda que o valor medio esta lonxe do de Santiago, 6,4 euros por metro cadrado mentres que Pontevedra, Lugo e Ferrol mostraron subidas en torno ao 3,5 cada unha. En canto a Vigo e A Coruña, as cidades cos prezos por metro cadrado máis alto, 9,2 e 8,4 euros respectivamente, amosaron unha subida do 3,9 % no caso da Coruña e unha lixeira caída, apenas o 0,1 %, en Vigo.

Fonte.- La Voz de Galicia