O prezo medio do alugueiro sobe un 30% desde 2014 na Coruña, segundo os últimos datos publicados polo IGVS | Observatorio de Vivenda

O prezo medio do alugueiro sobe un 30% desde 2014 na Coruña, segundo os últimos datos publicados polo IGVS

O prezo medio do alugueiro sobe un 30% desde 2014 na Coruña, segundo os últimos datos publicados polo IGVS

O prezo medio do alugueiro en A Coruña incrementouse un 30% desde 2014 segundo os últimos datos publicados polo Observatorio da Vivenda de Galicia do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Así, fronte aos 403,4 euros ao mes que custaba entón de media alugar unha vivenda na cidade, agora, o prezo ascende a 524,5 euros, unha diferenza de 121,1 euros que representa un incremento do 30% do prezo medio.

A causa principal foi o aumento da demanda baixo unha oferta moi axustada, que provocou que a suba dos arrendamentos aumentase progresivamente ata alcanzar un prezo medio do metro cadrado das vivendas adquiridas na cidade de 1.809,5 euros, fronte os 1.534,3 euros de 2014.

Ademais, o incremento do prezo do alugueiro supera a subida na renda media dispoñible dos veciños, xa que a renda dispoñible na cidade é de 25.700 euros, segundo os últimos datos publicados, un 19% máis que en 2013, pero non suficiente para facer fronte ao incremento de prezos.

Fonte | La Opinión Coruña