O prezo medio do aluguer no mes de abril continúa subindo debido a acumulación da oferta nas cidades | Observatorio de Vivenda

O prezo medio do aluguer no mes de abril continúa subindo debido a acumulación da oferta nas cidades

O prezo medio do aluguer no mes de abril continúa subindo debido a acumulación da oferta nas cidades

Segundo o informe de prezos de aluguer de idealista, o mercado de aluguer en España mantivo en abril unha tendencia a alza que se leva rexistrando dende finais do 2019. En abril do 2020, rexistrouse un incremento medio do 1,7 % fronte a marzo, que sitúa ao prezo medio en 11,4 €/m2, o que supón un novo máximo durante o estado de alarma. 

A acumulación da ofertar de pisos en aluguer aumentou durante este mes, principalmente nas capitais de provincia e nas grandes cidades onde os prezos que se piden son superiores ao resto da rexión, o que provocou a que o valor medio dos arrendamentos seguise subindo. Polo tanto, o prezo medio en España de aluguer non está subindo porque os propietaris estén incrementando as rendas, se non porque se están acumulando inmobles en oferta de aluguer nas cidades, onde o prezo é máis alto. 

Todos os indicios apuntan a que unha vez que remate o confinamento os prezos de aluguer comezarán a baixar. 

 

Fonte | idealista